InicioPolíticaCervo mantén as dedicacións da anterior lexislatura, aínda que con maiores retribucións

Cervo mantén as dedicacións da anterior lexislatura, aínda que con maiores retribucións

O alcalde salienta que a entrega do goberno local, que contará cunha dedicación plena e tres parciais, "será na práctica de exclusividade total"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno de Cervo convocou para o vindeiro xoves o pleno de organización, no que presumiblemente, coa maioría absoluta colleitada o pasado 26 de maio, aprobará unha dedicación exclusiva, para o alcalde, e tres parciais, as mesmas ca no anterior mandato.

A organización municipal, logo do pleno que se celebrará este xoves, estará encabezada polo rexedor, Alfonso Villares, que recibirá unha retribución anual de 42.000 euros brutos.

A delegada de facenda, educación, cultura e patrimonio e primeira tenente de alcalde, Dolores García Caramés, cobrará unha retribución anual de 19.599,96 euros brutos.

O concelleiro de deportes, turismo, formación e emprego, David Rodríguez Pernas, percibirá 18.200,04 euros brutos ao ano.

Finalmente, a edil de medio Ambiente, obras e infraestruturas, sanidade e Policía Local, Manuela Méndez Álvarez, terá asignado un salario de 13.089,96 euros brutos anuais.

Como xa avanzou con anterioridade o executivo cervense, Alfredo Fernández levará réxime interior, zona rural e protección civil; Denise Galán ocuparase de xuventude e ecoloxía, ademais da terceira tenencia de alcaldía; Pilar Armada ostentará a segunda tenencia de alcaldía, servizos sociais e igualdade.

MAIOR GASTO

No pasado mandato, o goberno local contou co mesmo número de dedicacións, aínda que cun custo menor; 15.090, 11.690 e 6.168 euros brutos. O soldo do rexedor tamén era inferior, de 39.125 euros.

O executivo local cervense argumenta que as tres últimas “serán dedicacións parciais porque así o marca a lei, pero só sobre o papel, porque a dedicación do equipo de Goberno será en realidade e na práctica de exclusividade total co Concello de Cervo”.

Villares asegura que “a implicación e a dedicación plena e total por e para Cervo serán os trazos fundamentais que definirán ao novo goberno, que estará centrado única e exclusivamente no noso municipio, en traballar os 365 días do ano para a veciñanza de Cervo, a quen nos debemos”.

TRABALLADOR DE COMUNICACIÓN

O Concello anunciou tamén que integrará de novo un traballador eventual que desenvolverá tarefas de comunicación e información no eido local “para dotar dunha maior transparencia, proxección e visibilidade ao municipio en todo o relativo ao tecido social, cultural, económico, deportivo ou patrimonial”.

O equipo de goberno sostén que se trata “dunha área estratéxica e de servizo para a veciñanza que recibirá regularmente información do seu interese, ao verse reforzada tamén a presenza de Cervo nas redes sociais e ao intensificar o servizo da páxina web municipal”. A retribución será de 18.200 euros brutos ao ano.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...