InicioPolíticaO BNG agarda que non haxa "presións" sobre os votantes da mesa...

O BNG agarda que non haxa “presións” sobre os votantes da mesa do Perdouro

O voceiro dos nacionalistas, Mario Pillado, pide "xogo limpo" ás formacións políticas e á cidadanía que "non se deixe condicionar" polos resultados de maio

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) expresou este venres a través dun comunicado de prensa a súa “sorpresa” polo fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que ordenou repetir a votación nunha mesa do Perdouro despois de que Burela Sempre presentase un contencioso pola desaparición de seis votos nulos que non puido analizar a Xunta Electoral Zonal.

Os nacionalistas interpretan que a nova convocatoria trátase dunha segunda volta, dado que “os electores da mesa 1.5.U do Perdouro xa saben o que votaron as restantes nove do Concello o pasado 26 de maio.

“TRASTORNO”

O voceiro municipal en funcións do BNG, Mario Pillado, considera que “esta medida supón un trastorno para a veciñanza de Burela, así como para o correcto funcionamento do Concello, ao atoparse nunha situación de interinidade ata que se convoquen de novo eleccións e se constitúa a nova corporación municipal”.

ACUSA A BURELA SEMPRE DE “INCOHERENCIA”

Os nacionalistas sinalaron a Burela Sempre pola súa “incoherencia”, ao tramitar recurso contencioso “despois de non ter presentado reclamación algunha durante o escrutinio en relación aos votos nulos da mesa U do Perdouro”. A formación frontista salienta que a candidatura encabezada por Carlos Peinó “contaba con apoderados que poderían ter presentado as reclamacións oportunas se houbese algunha incidencia cos votos nulos”.

CHAMA Á PARTICIPACIÓN

Desde as filas nacionalistas animan a participar á veciñanza de Burela porque “a pesar das circunstancias, nunca se debe renunciar ao dereito a voto”, sinalou Pillado.

O voceiro nacionalista agarda que os electores “non se deixen condicionar polo resultado de maio e que voten pensando no mellor para Burela”. Así, fai un chamamento “ao xogo limpo” por parte de todas as formacións políticas para garantir que a xente vote “libremente e sen presións de ningún tipo”.

Desde o BNG mantenos a mesma ilusión que na anterior convocatoria e confiamos en que a próxima cita electoral sirva para reforzar a nosa presenza no Concello”, concluíu Pillado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...