InicioPolíticaGarcía mantén Economía e Facenda e Loureiro asume Muller e Igualdade na...

García mantén Economía e Facenda e Loureiro asume Muller e Igualdade na Deputación

A alcaldesa de Trabada terá as mesmas competencias ca no anterior mandato e a rexedora de Viveiro ostentará unha delegación específica de nova creación

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, fixo público este venres o reparto das áreas de goberno que dependerán do PSdeG-PSOE. Mayra García Bermúdez e María Loureiro serán as deputadas dos socialistas en representación do Partido Xudicial de Mondoñedo.

A área de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas seguirá baixo a responsabilidade da alcaldesa de Trabada, igual ca no último mandato.  “As cousas cando van ben e funcionan, non hai que cambialas. Este é un exemplo”, en palabras de Tomé.

PACTO DE GOBERNO

Loureiro, pola súa banda, levará a área específica de Muller e Igualdade, que dá cumprimento a un dos puntos do acordo entre os socialistas e o BNG para gobernar en coalición a administración provincial. Segundo Tomé, a rexedora de Viveiro é “unha persoa comprometida coa necesidade de concienciar e impulsar accións para avanzar cara a igualdade real”.

Podes ler a información completa, con todas as áreas de responsabilidade socialista, neste enlace do Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...