InicioPolíticaO BNG de Burela pide aos partidos "respecto ás regras" e aos...

O BNG de Burela pide aos partidos “respecto ás regras” e aos electores facer do 17-N “unha oportunidade”

Pillado cualifica de "inexplicable" a data da repetición de eleccións fixada polo Goberno e chama aos burelaos a "converter o pesadelo nunha solución"

Publicada o

- Advertisement -
O voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Burela, Mario Pillado, pediu este luns ás forzas políticas “respectar as regras do xogo” e á veciñanza “converter o pesadelo nunha oportunidade”, despois de que o Goberno central fixase de xeito oficial o 17 de novembro como data da repetición da votación electoral dos pasados comicios locais nunha mesa do municipio, a 1.5.U do Perdouro.

“PARÁLISE E ABANDONO”

Pillado asegura que o Concello “sofre unha total parálise e abandono en canto á xestión”, que “non foi moi activa durante a lexislatura” e que se agravou ao tomarse o actual goberno en funcións “todo este tempo de vacacións”, argumenta. O voceiro nacionalista cualifica de “inexplicable” a decisión do Executivo central de fixar a repetición das eleccións municipais –trala sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que dá a razón a Burela Sempre na súa reclamación– “unha semana despois das xerais“, e acusa ao PSdeG-PSOE burelao de “tentar sacar vantaxe e beneficio do asunto aproveitándose das institucións, como sempre fixo o bipartidismo“.

BURELA, “POR DETRÁS DOUTROS MUNICIPIOS DA MARIÑA”

O voceiro dos nacionalistas burelaos remarca que as pasadas eleccións municipais racharon a maioría absoluta dos socialistas a causa de que a situación do municipio é “de estancamento“. Así, entende que “a nosa vila non pode seguir detrás do resto dos municipios da Mariña Lucense cuxos gobernos locais funcionan”, polo que chama á veciñanza, “que vive atónita a sucesión de despropósitos”, a “converter o problema nunha solución, como sempre se fixo; ao igual que na guerra do bonito ou que cando xogamos a promoción de ascenso a Segunda B de fútbol ou como o facemos nas máximas categorías do fútbol sala, contra equipos de capitais de provincia”.

“RESPECTAR A DEMOCRACIA”

Pillado agarda que a repetición electoral, na que non haberá campaña segundo estableceu o Real Decreto aprobado no Consello de Ministros, “se produza con todas as garantías democráticas e con respecto ás regras do xogo por todas as partes”. Así, desexa que a veciñanza chamada a votar –630 electores– “aproveite as oportunidades” para “dar outro pasiño cara o cambio e Burela poida mellorar e desenvolverse, superando este pesadelo dunha vez por todas”. Podes ver o artigo completo na seguinte ligazón. 18853

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...