O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, confirmou que a súa formación manterá ás “mesmas” persoas que “encabezaron” as súas candidaturas ás eleccións xerais o pasado 28 de abril na cita electoral do próximo 10 de novembro.
Os cabezas de lista ao Congreso polas provincias galegas nas pasadas xerais foron Pilar Cancela (A Coruña), Ana Prieto (Lugo), Olga Alonso (Pontevedra), Marina Ortega (Ourense).
En lugo, Prieto estará seguida de Javier Cerqueiro, quen fora o coordinador do grupo provincial de Pedro Sánchez na campaña de primarias, e Sonsoles López Izquierdo, que cae á terceira praza, mentres que Daniel Castro mantense no cuarto posto.
CONTINUIDADE
Pola súa banda, encabezaron as candidaturas ao Senado Antonio Vázquez Lorenzo (A Coruña), César Mogo (Lugo), Modesto Pose (Pontevedra) e Juan Carlos Francisco Rivera (Ourense).
Natural do Valadouro, Mogo liderará unha lista na que concorrerán tamén a deputada provincial Pilar García Porto e o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo.