InicioPolíticaAna Prieto e o valadourense César Mogo, números 1 do PSOE ao...

Ana Prieto e o valadourense César Mogo, números 1 do PSOE ao Congreso e ao Senado por Lugo

Os socialistas manterán o 10 de novembro os mesmos cabezas de lista presentados nas pasadas eleccións xerais, o 28 de abril

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, confirmou que a súa formación manterá ás “mesmas” persoas que “encabezaron” as súas candidaturas ás eleccións xerais o pasado 28 de abril na cita electoral do próximo 10 de novembro.

Os cabezas de lista ao Congreso polas provincias galegas nas pasadas xerais foron Pilar Cancela (A Coruña), Ana Prieto (Lugo), Olga Alonso (Pontevedra), Marina Ortega (Ourense).

En lugo, Prieto estará seguida de Javier Cerqueiro, quen fora o coordinador do grupo provincial de Pedro Sánchez na campaña de primarias, e Sonsoles López Izquierdo, que cae á terceira praza, mentres que Daniel Castro mantense no cuarto posto.

CONTINUIDADE

Pola súa banda, encabezaron as candidaturas ao Senado Antonio Vázquez Lorenzo (A Coruña), César Mogo (Lugo), Modesto Pose (Pontevedra) e Juan Carlos Francisco Rivera (Ourense).

Natural do Valadouro, Mogo liderará unha lista na que concorrerán tamén a deputada provincial Pilar García Porto e o alcalde de Pedrafita do CebreiroJosé Luis Raposo.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...