InicioPolíticaO BNG conserva o décimo terceiro edil trala repetición electoral en Burela

O BNG conserva o décimo terceiro edil trala repetición electoral en Burela

Houbo de novo empate entre Burela Sempre e os nacionalistas, resolto a favor da formación frontista por recibir o maior número de votos

Publicada o

- Advertisement -

A repetición electoral na mesa 1.5.U do Perdouro de Burela deixou o mesmo reparto na corporación municipal que os pasados comicios locais, celebrados no mes de maio. O BNG conserva o décimo terceiro edil, sumando un total de tres, mentres que o PSdeG-PSOE mantense en seis concelleiros, sen alcanzar a maioría absoluta; o PP fica con catro representantes.

Burela Sempre non obtivo representación malia que, ao igual que na pasada primavera, se deu un empate entre o partido fundado polo alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, e o nacionalista galego, resolto a favor desta última formación polo seu maior número de sufraxios, tal e como establece a Lei Electoral.

O Bloque quitou 63 votos, por 66 da pasada convocatoria. Burela Sempre perdeu un só sufraxio, pasando de 31 a 30; deste xeito, os nacionalistas obtiveron no resultado global dos comicios 810 apoios, por 270 do partido independente. Así, dase un empate a 270 respaldos para delimitar o décimo terceiro edil da corporación, que se outorga á formación con máis votantes segundo estipula a normativa. Deste xeito, entrará na corporación Silvino Oroza Cordido.

PARTICIPACIÓN DO 48%

Nunha cita de escasa participación -a porcentaxe caeu do 63,96% do pasado maio ao 48%-, o PSOE acada 116 votos polos 157 obtidos o pasado 26 de maio; o PP, que acadara 107, ten 86. Ciudadanos recibiu dous sufraxios e Vox un. Houbo tres votos nulos.

PSdeG-PSOE suma así 1.837 votos; o PP 1.089; o Bloque acada 810; Burela Sempre 270; Ciudadanos 193; Vox 61.

RECLAMACIÓN POR SEIS VOTOS NULOS

A repetición electoral debeu convocarse trala anulación dos resultados na mesa decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a raíz da reclamación de Burela Sempre, en relación con seis votos nulos extraviados que non puido contabilizar a Xunta Electoral de Zona (XEZ).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...