InicioPolíticaArrincan as negociacións entre PSOE e BNG para a formación de goberno...

Arrincan as negociacións entre PSOE e BNG para a formación de goberno en Burela

Con "todas as posibilidades abertas", ambas formacións retomarán as conversas o vindeiro luns, a unha semana da investidura, prevista para o 7 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

PSdeG-PSOE e BNG iniciaron este luns as negociacións para a formación de goberno en Burela, despois de que a Xunta Electoral Zonal de Mondoñedo validase definitivamente os resultados electorais trala repetición dos comicios municipais na mesa do Perdouro.

Os votantes outorgaron aos socialistas unha minoría simple, con seis concelleiros, por catro do Partido Popular e tres da formación frontista, que así as cousas terá un papel chave na formación de goberno. As conversas continuarán o vindeiro luns, cando as dúas forzas políticas agardan concretar un acordo. O goberno local en funcións ten a intención de que o pleno de investidura se celebre o 7 de decembro.

Ao contrario do pasado mes de maio, cando o PSdeG-PSOE anunciou a súa intención de gobernar en minoría chegando a acordos puntuais, as dúas forzas políticas aseguran que “se están a plantexar todo tipo de posibilidades“, tanto un goberno en coalición como un pacto programático que inclúa o apoio á investidura do alcalde en funcións, o socialista Alfredo Llano.

As conversas continuarán o vindeiro luns, cando as dúas forzas políticas agardan concretar un acordo. O goberno local en funcións ten a intención de que o pleno de investidura se celebre o 7 de decembro.

AS DÚAS FORZAS PARTICIPARÁN “EN TODO O FUNDAMENTAL”, DI LLANO

Llano sostén que os dous partidos buscan “a mellor fórmula” para dotar de estabilidade política ao municipio ao longo da lexislatura. “Veremos se se integran ou non no goberno, pero estamos a discutir sobre a base de que os dous grupos participen en todo o que sexa fundamental; o importante é pensar no mellor para a veciñanza”, afirmou. O rexedor en funcións indica que se está a traballar sobre a base dun documento perfilado polas dúas forzas políticas no pasado mes de xuño.

A negociación englóbase nun contexto de pactos entre socialistas e nacionalistas non só a nivel municipal -como ocorreu en Foz ou Barreiros, e tamén nun principio no Valadouro cun bipartito que, con todo, rachouse aos poucos días do pleno de investidura– senón tamén na Deputación de Lugo. Aínda así, e malia que conceden que o entendemento das dúas forzas a nivel galego “fai todo máis doado”, tanto Llano como o voceiro do Bloque, Mario Pillado, reivindican a autonomía ao remarcar “as singularidades de cada municipio”.

A nivel programático, Llano destaca que “non hai grandes diferenzas” entre os dous partidos, facendo fincapé na importancia que ambos dan “aos servizos sociais“.

Pola súa banda, Pillado resaltou a “cordialidade” do primeiro encontro, que serviu para “avanzar cara un acordo, aínda que hai cousas por traballar e por agora non hai un punto de acordo. O voceiro nacionalista afirma que se abordaron “todo tipo de posibilidades” para que Burela teña un goberno -despois de meses de atraso pola repetición electoral– canto antes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...