InicioPolíticaO PSOE de Cervo critica que "só 9 dos 32 usuarios" da...

O PSOE de Cervo critica que “só 9 dos 32 usuarios” da residencia son do municipio

Os socialistas atribúe aos "prezos elevados" que non haxa máis cervenses con praza no servizo

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Cervo asegura que “só 9 dos 32 usuarios” da residencia de San Cibrao son do concello. Os socialistas afirman que “non se están cumprindo as promesas do alcalde” de que a veciñanza do termo municipal tería preferencia para acadar un sitio no centro. “O resto veñen doutros municipios e mesmo doutras provincias”, asegura o edil Francisco Mon.

O secretario local dos socialistas asegura que “é fundamental que os nosos maiores sexan atendidos por profesionais preto das súas casas e das súas familias, para facer máis sinxela e levadía a súa estancia e o seu día a día”.

PENSIÓNS BAIXAS

O PSOE cervense insiste en que os prezos das prazas da residencia –entre os 990 e os 1.320 euros– son o motivo polo que non hai máis usuarios do municipio. Mon asegura que os custos son “elevados” e engade que “os nosos maiores teñen as segundas pensións máis baixas de todo o Estado”.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...