Fernán-Vello é a proposta de Anova para o primeiro posto de Galicia En Común por Lugo

A formación destaca "o compromiso" do que foi deputado de En Marea no Congreso

Fernán Vello, á dereita da Ministra de Traballo, Yolanda Díaz. ÓSCAR BERNÁRDEZ

A Coordinadora Nacional de Anova proporá ao e deputado Miguel Anxo Fernán Vello como líder da candidatura de Galicia en Común para as vindeiras eleccións autonómicas.

Así o anunciou o voceiro do partido, Antón Sánchez. Finalmente, Fernán Vello será a proposta para encabezar a lista por Lugo como “referente político, pero tamén cultural e literario”, que conta coa “máxima confianza dos homes e mulleres de Anova”. Sánchez incidiu no compromiso do ex deputado e a súa experiencia tras dúas lexislaturas no Congreso.

Encabezará a candidatura por A Coruña e para a presidencia da Xunta de Galicia Antón Gómez Reino, de Unidas Podemos. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here