InicioPolíticaAprobada unha moción do BNG na Deputación para a nacionalización de Alcoa

Aprobada unha moción do BNG na Deputación para a nacionalización de Alcoa

Os socialistas respaldaron a iniciativa dos nacionalistas; o PP abstívose

Publicada o

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo aprobou unha moción presentada polo BNG para solicitar ao Goberno de España a nacionalización da multinacional Alcoa e salvar 534 empregos na factoría de aluminio de San Cibrao e outros 400 en empresas auxiliares, logo de que a multinacional presentase un Expediente de Regulación de Emprego (ERE). A proposta saíu adiante cos votos socialistas e nacionalistas, e a abstención do PP.

Os nacionalistas consideraron na iniciativa que, despois de que Alcoa confirmase o ERE, a intervención pública é a “única vía” para garantir os empregos e a produción de aluminio na comarca a futuro.

O BNG mantén que a nacionalización é unha cuestión de “vontade política” xa que, argumentan, é unha vía amparada polos marcos normativos galego, español e europeo.

“Nós estamos cos traballadores de Alcoa”, asegurou o presidente da Deputación, o socialista José Tomé, advertindo que quen estiveron xogando “con todos” foron “a empresa e a Xunta de Galicia”.

O socialista volveu recordar as competencias que ten o ente autonómico en virtude do artigo 30 do Estatuto de Autonomía, que di “que as competencias de industria son exclusivas da Xunta”.

Tomé reprochou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, “fixo múltiples visitas á planta de Alcoa, sempre con titulares pactados coa empresa“, e que o único que fixo foi “crear alarma”.

Así mesmo, acusou de tomar “por bobos aos cidadáns” e recordou que “as competencias da Xunta seguirán sendo as mesmas” antes e logo dos comicios autonómicos, e con todo “deixaron que se chegue a esta situación”. Por iso, Tomé insistiu en que se “poña as pilas” e, “igual que axuda a Citroen“, que o faga con Alcoa”, finalizou.

O PP REXEITA UNHA “NACIONALIZACIÓN BOLIVARIANA”

Os populares negáronse a secundar a moción do BNG, e apostaron por unha “intervención provisional do Estado” que non pase polo mecanismo que se propón. “Non aceptaremos un nacionalización bolivariana“, afirmaron.

“O único que pode salvar A Mariña é a nacionalización, ou a intervención, chámena como queiran”, sinala o deputado nacionalista, Efrén Castro, instando a “poñer solucións encima da mesa. Cada un ten que traballar nas solucións que ten, tanto a Xunta como o Goberno”, finalizou o deputado do BNG.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...