Cinco deputados mariñaos entrarán no Parlamento galego

Son Elena Candia, José Manuel Balseiro e Daniel Vega (PP), Daniel Castro (BNG) e Patricia Otero (PSdeG)

Elena Candia, na sé do partido popular xunto a outros candidatos. AXM

PPdeG é a forza máis votada na provincia de Lugo nas eleccións galegas deste domingo, con máis do 54% dos votos e nove escanos do total de 14 en xogo por esta circunscrición. Deste xeito, os conservadores terán tres representantes mariñaos no Parlamento galego: a número 1 da lista e tenente de alcalde de Mondoñedo, a avogada Elena Candia; o valadourense José Manuel Balseiro, que ía no posto cinco, e delegado territorial da Xunta na lexislatura; e o técnico agrícola ribadense Daniel Vega, que repite no Hórreo. Francisco Conde (2), conselleiro de Economía; Cristina Sanz; Raquel Arias; Ramón Carballo; Sandra Vázquez e Encarna Amigo tamén ocuparán un posto no hemiciclo.

En segunda posición sitúase o BNG, que pasa de ter un só deputado nesta circunscrición electoral a obter tres escanos. Entrará polo tanto o estudante ribadense Daniel Castro, de 24 anos, que acompañará á xornalista Olalla Rodil, a candidata número 1 do Bloque lucense, que repite no Parlamento, e á enfermeira Carmen Aira, que concorría no posto 3 da lista nacionalista.

Completarían o conxunto dous deputados do PSdeG, un menos ca os logrados no 2016. Un deles será Patricia Otero, avogada natural de Monforte aínda que afincada en Burela, que encabezaba a lista dos socialistas. Repetirá no Parlamento galego, onde foi deputada despois de ser concelleira no municipio burelao. Luis Álvarez, profesor e tamén deputado, era o número 2 da candidatura.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here