InicioPolíticaHéctor Moris, edil de educación e cultura de Foz, renuncia por motivos...

Héctor Moris, edil de educación e cultura de Foz, renuncia por motivos “persoais e familiares”

O que fora o número 2 da candidatura socialista, que ostentaba tamén a área de festexos, será substituído por Javier Fraga

Publicada o

- Advertisement -

O edil de Educación, Cultura e Festas, Héctor Moris Fernández, anunciou este martes que renuncia a cargo de concelleiro en Foz e será substituído por Javier Fraga, veciño da vila focega.

Moris manifestou que “hoxe é un día duro, no que motivos persoais e familiares lévanme a tomar a decisión de renunciar ao cargo de concelleiro. Foi un ano intenso, no que traballei con humildade para mellorar o noso concello. Voume co aprendido e as persoas que coñecín e coas que traballei. Quero dar as grazas a todas elas e desexarlle toda a sorte do mundo ao meu sucesor e a todo o equipo de goberno”, expuxo.

O alcalde, Fran Cajoto, agradece “profundamente o traballo e esforzo de Héctor Moris. O seu labor nas áreas de educación, cultura e festas quedou ben patente, incluso nunha época tan complicada como a que estamos a vivir. Son momentos de continuar a traballar e redobrar o esforzo naquelo que nos apaixona: o progreso do concello de Foz”, concluíu.

Moris foi no número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE por Foz. Fraga, que concorreu no posto 9, é de profesión electricista e traballa nunha estación de servizo.

SEGUNDA DEMISIÓN EN MENOS DUN ANO

Por razóns diferentes, trátase da segunda demisión no goberno local focego. A primeira renuncia foi, no pasado mes de xaneiro, a de Verónica Peña, concelleira que demitiu por unha polémica entre o centro de día privado do que é copropietaria e o servizo municipal. A número 3 da candidatura socialista foi substituída por Milagros Louzán.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...