InicioPolíticaCambian as áreas de goberno en Foz trala entrada do novo edil;...

Cambian as áreas de goberno en Foz trala entrada do novo edil; Cajoto asume Educación “ante a Covid-19”

Inés López Couto, a segunda tenente de alcalde, faise cargo da carteira de Cultura; Javier Fraga, que substitúe ao demitido Héctor Moris, xestionará Festas, Alumeado e Abastecemento

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, modificou as delegacións de competencias no goberno municipal tras a toma de posesión como concelleiro de Javier Fraga Fernández no pleno deste mes, despois da demisión de Héctor Moris, quen fora concelleiro de educación e cultura.

Cajoto anuncia que “o novo concelleiro, Javier Fraga, asumirá as delegacións de Festas e Servizos Públicos de Alumeado e Abastecemento, co obxectivo de reforzar o control e mellorar a xestión nestes servizos públicos. Inés López Couto, que é a segunda tenente de alcalde, faise cargo da carteira de Cultura, que se suma ás delegacións en Facenda, Emprego, Innovación, Administración Electrónica e Transparencia. As competencias en educación son asumidas pola alcaldía, que xestionará directamente xunto con Obras, Urbanismo, Servizos -excluídos Alumeado e Saneamento- e Seguridade Cidadá”, concreta.

CONTACTO “MÁIS DIRECTO” COS CENTROS EDUCATIVOS

“Creo necesario asumir directamente a xestión de Educación no momento actual de pandemia para que os centros educativos teñan unha información o máis directa posible e a solución ante un problema poida ser áxil”, argumenta o rexedor.

CONTINUIDADE NAS OUTRAS DELEGACIÓNS

O resto de concelleiros do bipartito focego seguen coas mesmas delegacións. O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Francisco Xavier Fanego Bermúdez, é responsable de Patrimonio, Medio Ambiente, Medio Rural e Mar e Normalización lingüística.

Ana Rojo Eijo ten as delegacións de Asuntos Sociais e Familia. Gema Méndez Leivas segue coas de Deportes e Xuventude. María Milagros Louzán García ten atribuídas as de Muller, Igualdade, Inmigración e Sanidade. Chema Linares Rodríguez continúa coas de Comercio, Turismo e Actividades Económicas. Carlos García Rodríguez segue coas de Comunicación, Relacións Institucionais e Coordinación da Axenda 2030.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...