IniciosociedadeA Deputación inclúe 300.000 euros para o miradoiro de Mondoñedo na proposta...

A Deputación inclúe 300.000 euros para o miradoiro de Mondoñedo na proposta de orzamentos

O goberno provincial contempla un investimento de 1,6 millóns de euros na apertura das residencias de Trabada e Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, presentou este martes a proposta de orzamentos do ente provincial para o exercicio 2019. O goberno socialista levará ao pleno de novembro as contas para a súa aprobación inicial.

Dentro dun orzamento que ascende a 88,4 millóns de euros, as cantidades destinadas para A Mariña Lucense, destaca unha partida de 300.000 euros para a rehabilitación do mirador de Mondoñedo.

A mediados do pasado mes de agosto concluíu unha primeira fase de acondicionamento do edificio, na que participaron vinte desempregados.

O obxectivo é converter o edificio nun albergue de peregrinos, dadas as dificultades que ten o municipio para acoller o fluxo cada vez maior de visitantes do Camiño norte.

XERIÁTRICOS

O ente provincial destinará 6,3 millóns para a posta en marcha e construción de centros de maiores. Dous millóns servirán para asumir os custos da posta en marcha e financiamento dos xeriátricos, entre eles os de Trabada e Ribadeo, cun investimento de 1,6 millóns e que prevé abrir nos primeiros meses de 2019.

Os restantes 4,3 millóns de euros son as partidas necesarias para poder continuar cos proxectos de construción de residencias como a da Pontenova.

EDUCACIÓN E CULTURA

Entre as subvencións nominativas no tocante á educación, o conservatorio de Viveiro recibirá 45.000 euros e o IES de Foz case 100.000 pola organización do concurso internacional de baristas.

No ámbito cultural, os orzamentos inclúen achegas para a Mancomunidade da Mariña, a Semana Santa de Viveiro, as Feiras de As San Lucas.

Os presupostos reservan “un mínimo de 20 millóns” para o Plan Único, logo de engadir o remanente do exercicio actual, 17 para a nova obra en estradas e outros 4,7 millóns para plans de emprego.

AUMENTO DO GASTO

O orzamento consolidado da Deputación de Lugo, que se negocia desde o pasado mes de novembro, pasou de 84 millóns previstos a 88,4.

O aumento no gasto presupostado responde, por unha banda, á inclusión de fondos para o Consorcio Provincial de Bombeiros. Adicaranse a este servizo 2,5 millóns que recollen, como en pasadas anualidades, a cantidade necesaria para a equiparación salarial destes profesionais cos do resto de Galicia.

Por outra banda, o orzamento contén o presuposto de Suplusa, que ascende a 1,3 millóns para rematar coas encomendas de xestión vixentes ata maio de 2019.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...