InicioPolíticaO BNG de Burela afea a PSOE e PP que obviasen o...

O BNG de Burela afea a PSOE e PP que obviasen o pavillón nos orzamentos da Deputación

Os nacionalistas critican que se fixese "caso omiso" dos acordos aprobados nos plenos municipal e provincial para a construción do recinto

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Burela afea a PSOE e PP que non incluísen unha partida para o novo pavillón nos orzamentos da Deputación de Lugo para 2019, aprobados polo goberno socialista coa introducción dun paquete de enmendas dos populares.

O grupo municipal nacionalista acusa aos dous partidos de “facer caso omiso” dos acordos aprobados no pasado mes de xuño tanto pola corporación de Burela como polo Pleno da Deputación para a construción do novo recinto deportivo.

Segundo o acordo adoptado, o Concello de Burela comprometeuse a redactar o proxecto de construción e achegar os terreos dispoñibles nun prazo de catro meses, mentres que a Deputación debía “confianciar” o recinto atendendo “a criterios de proporcionalidade”.

PROPOSTA DE MEDIO MILLÓN

O voceiro dos nacionalistas, Mario Pillado, lembra que o BNG “propuxo incluír 500.000 euros para o pavillón” nos orzamentos provinciais para o vindeiro exercicio, unha proposta que non saíu adiante.

Pillado asegura que non contar cunha achega do ente provincial para o proxecto é “un revés para o pobo de Burela”, e critica “a complicidade e o cinismo de PSOE e PP, que diante da presión veciñal defenden unha cousa e logo outra fóra da Mariña”.

O ALCALDE, “SEN PALABRA”

O voceiro nacionalista denuncia “a falta de seriedade e pouca palabra” do alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, que “foi incapaz de redactar o proxecto e de acadar os terreos”.

“BOICOT DA XUNTA”

Pillado afirma que Llano “non se deu conta en tres anos e medio de que a Xunta de Galicia o boicotea”, e conclúe que o partido nacionalista “non vai permitir que un referente deportivo de Galicia como é o municipio de Burela quede sen unha infraestrutura vital”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...