IniciosociedadeO Goberno inaugurará este venres o alumeado da Ponte dos Santos

O Goberno inaugurará este venres o alumeado da Ponte dos Santos

Fomento atendeu a solicitude de Ribadeo e Castropol e dotará de luz á infraestrutura, que soporta a A-8 e o paso do Camiño norte

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central inaugurará cun acto ás seis da tarde deste venres o alumeado da Ponte dos Santos, que cruza a ría de Ribadeo e une Galicia e Asturias.

O Executivo satisfará así unha petición do goberno ribadense e tamén do de Castropol. Cadanseu pleno aprobou solicitar ao Ministerio de Fomento que dotase de luz ao vidauto.

Despois de anos sen ver atendida esta solicitude, o alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, tentouno de novo co cambio de Goberno en Madrid e desta volta o Executivo do partido socialista accedeu.

Suárez Barcia sinala que “remata a noite da infamia á que foron sometidos Castropol e Ribadeo durante anos pola súa cabezonería”.

O rexedor ribadense lamentou a actitude do anterior Executivo, do PP, asegurou que “pedimos por escrito formalmente varias veces que se solucionase este problema e chegamos a dicirlle ao Goberno que de ocorrer algún accidente por falta de luz, serían responsables penais das consecuencias”.

A ESCURAS DESDE FINAIS DE 2011

A Ponte dos Santos, construída no 1987, ficaba a escuras desde finais de 2011, cando o goberno de Castropol se negou a asumir un gasto que correspondía ao Estado.

No 2008, a construción pasou a soportar o paso da autovía A-8, o que supuxo que minguara a amplitude das beiravías, o que ocasiona tamén problemas aos ciclistas, peóns e peregrinos, posto que se trata dun lugar de paso do Camiño norte, cada vez máis frecuentado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...