IniciosociedadeOs empregados municipais de Burela inician as protestas para reclamar melloras laborais

Os empregados municipais de Burela inician as protestas para reclamar melloras laborais

O "65%" do persoal, segundo os sindicatos, respaldou a concentración para esixir a aprobación da RPT "prometida desde hai oito anos"

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores municipais do Concello de Burela iniciaron este mércores unha rolda de concentracións ante o consistorio para demandar a aprobación dunha Relación de Postos de Traballo (RPT) que asegure a recualificación tanto laboral como económica do emprego, especificando obrigas e requisitos, dereitos e remuneración de cada cargo.

Participaron na protesta integrantes de todos os sindicatos con representación –CSIF, CC OO e UXT– e “o 65%” dos arredor de 70 traballadores municipais, segundo espuxeron o comité de empresa e mailo delegado de persoal.

Os empregados da administración local burelesa afirman que o documento ao que aspiran é “unha débeda histórica imprescindible para garantir os servizos municipais básicos e evitar o deterioro na calidade dos mesmos que ven acontecendo nos últimos anos”.

A RPT tamén favorecería “promover a estabilidade laboral do persoal contratado en fraude de lei e permitir a creación de novos postos de traballo que satisfagan as necesidades da veciñanza de Burela”, afirman os manifestantes. 

“SITUACIÓN LÍMITE”

Os traballadores aseguran que decidiron convocar as concentracións porque están “nunha situación límite. Levamos oito anos de promesas incumpridas sobre a RPT e pensamos que se chegou ao extremo. Nunca antes, nin cando Burela e Cervo integraban un mesmo municipio, se deu esta situación”, explican.

Os convocantes da concentración lembran que o alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, “comprometeuse a rematar esta RPT no 2016 e mesmo a primeira vez que estivo á fronte do goberno local”.

O persoal municipal de Burela critica que, “no canto disto, o goberno de Burela non aprobou nos últimos anos Oferta Pública de Emprego (OPE), o que conleva que non se cubriron postos por funcionarios de carreira nin laboral fixo, que son os que dan estabilidade ás familias, facendo no seu lugar contratos temporais, derivando algúns deles en fraude de lei”.

CONTRATOS A EMPRESAS PRIVADAS

Os empregados tamén subliñan que “durante os catro exercicios do actual mandato, reduciuse en centos de miles de euros os gastos destinados a persoal, mentres se incrementaron en máis de 100.000 euros os cartos destinados a empresas privadas para a realización de traballos”.

OUTRAS REIVINDICACIÓNS

A constitución dun fondo de acción social é outra das propostas dos traballadores non satisfeita. “Nos orzamentos para 2019 non hai partida consignada malia que na penúltima mesa de negociación se dixo que se ía facer”, advirten.

Un reparto da produtividade “digno, no que poidamos intervir todos os traballadores”, ou o pago dos servizos extraordinarios son outras das reivindicacións do persoal.

Os traballadores seguiranse a manifestar –cada mércores de xaneiro ás 12.00 horas- “para ver se se toma algunha decisión ao respecto”. Tamén acudirán ao vindeiro pleno municipal

O ALCALDE, “SORPRENDIDO”

O alcalde de Burela mostrouse “sorprendido” pola iniciativa dos traballadores municipais xa que, asegura, “na última mesa de negociación adoptouse o compromiso de retomar as conversas para a RPT, do que xa hai un documento base, no mes de febreiro”.

Antes de se manifestaren, que é un dereito que por suposto respecto, creo que houbese sido máis doado simplemente vir falar comigo”, lamenta Llano.

O rexedor sostén que ten “toda a vontade de negociar” e argumenta que elaborar a Relación de Postos de Traballo “é un proceso complexo, que require de criterios obxectivos para asignar a cada posto de traballo o que lle corresponde”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...