IniciosociedadeMedra a presión para que o Sergas cubra a pediatra de Mondoñedo,...

Medra a presión para que o Sergas cubra a pediatra de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros

O BNG e as tres agrupacións locais do PSOE lembran que hai "763 nenos" que "só son atendidos por unha especialista en casos de gravidade"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Mondoñedo e as agrupacións locais do PSOE dos tres municipios da Mariña Lucense -o mindoniense, Lourenzá e Barreiros– sumáronse ás voces que solicitaron o pasado mércores a “cobertura inmediata e permanente” da pediatra que atende os tres concellos.

O voceiro do BNG mindoniense, Eloi Cabanas, cifra en “322 os nenos que pertencen ao centro de saúde” e que, trala ausencia da especialista, “non son atendidos por persoal pediátrico salvo casos de gravidade”.

Cabanas expón que a pediatra titular do centro de saúde de Mondoñedo limita a súa actividade no ambulatorio mindoniense a “tres horas os luns, mércores, xoves e venres toda a mañá”, o que provoca que moitas veces as nais e pais deban “trasladarse a outra localidade ou ao Hospital Público da Mariña”.

O voceiro nacionalista pídelle á alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, “que faga valer o seu peso político ante o goberno da Xunta de Galicia, se de verdade o ten”, para garantir o servizo de pediatría de forma permanente nos concellos afectados.

INICIATIVAS NO PARLAMENTO

Tal e como anunciou o grupo municipal nacionalista de Barreiros o pasado mércores, a deputada do BNG Olalla Rodil presentou varias iniciativas no Parlamento Galego para esixir ao Sergas a cobertura inmediata do servizo de pediatría nos centros de saúde afectados.

MOCIÓNS NOS TRES PLENOS

O grupos municipais socialistas de Lourenzá, Barreiros e Mondoñedo explicaron nun comunicado conxunto que “apoian sen fisuras ás 800 familias destes tres concellos que se vén afectadas pola precariedade no servizo de pediatría que comparten”.

Os socialistas anunciaron que levarán aos plenos dos tres municipios afectados o texto que saia da xuntanza cos veciños convocada para este venres -ás 20.30 horas no consistorio de Lourenzá- polo goberno local laurentino.

Os representantes do PSOE agardan “o apoio unánime das corporacións” para “conxuntamente” reclamar á Xunta que “reforce o servizo de pediatría e o adapte ás necesidades das familias”.

RETRASOS NAS VACINAS

Os socialistas explican que, segundo o censo de 2017, nos tres concellos “hai 763 nenos de 0 a 14 anos, o que supón un intenso volume de traballo. Isto supuxo retrasos de máis de dous meses para vacinarse de enfermidades establecidas no calendario obrigatorio”, lembran.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...