IniciosociedadeConclúen as obras de recheo do paseo marítimo de Covas

Conclúen as obras de recheo do paseo marítimo de Covas

Os traballos supuxeron o reforzo do treito fronte aos Castelos, moi deteriorado pola súa exposición á forza do mar

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro deu o visto e prace ás obras de recheo do paseo marítimo de Covas no treito fronte aos Castelos. O consistorio asinou a acta de recepción dos traballos, licitados o pasado mes de setembro.

As actuacións incluíron a substitución do recheo deteriorado por outro de formigón ciclópeo, que reforza o muro que separa a vía da praia.

Tamén se repuxeron os servizos de saneamento e alumeado público, e renovouse o pavimento cunha baldosa hidraúlica similar á existente.

A situación do paseo, que nese punto recibe fortes impacto do mar, supoñía un “perigo” para os viandantes e para a circulación xa que se creara unha zona oca que afectara a superficie e pola que se filtraba auga cara o interior.

O investimento realizado no treito, de 5 por 15 metros cadrados, foi de 43.626 euros, financiados polo Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...