IniciosociedadeRematan as obras para reducir a siniestralidade no Pirixel

Rematan as obras para reducir a siniestralidade no Pirixel

A Xunta instalou resaltos termoplásticos sonoros e pasos sobreelevados ante o número de accidentes rexistrados

Publicada o

- Advertisement -

Xunta de Galicia e Concello de Viveiro remataron as obras de mellora integral e reforzo da seguridade viaria en dúas zonas da estrada autonómica LU-102, a da avenida Benito Galcerán e rúa Río dos Foles e a coñecida como O Pirixel.

O Goberno galego financiou integramente as actuacións, cun total de 185.000 euros. No Pirixel, o Executivo autonómico encargouse das obras, mentres que no treito urbán executounas a administración local.

Na estrada do Pirixel, o Concello pedira “solucións” no pasado mes de setembro ante a elevada siniestralidade.

Policía Local documentou nun dossier 22 accidentes desde o ano 2013, a metade deles deles en 2017 e 2018. Segundo o informe, o treito que abrangue os puntos quilométricos 0,600-1,600 é o máis perigoso, con 14 incidentes.

Así, a Xunta instalou resaltos termoplásticos sonoros, emprazados nas bandas que delimitan a calzada e cos que se busca, ademais de ofrecer unha maior visibilidade, que o son advirta de posibles saídas de vía aos condutores.

Tamén se mellorou as características superficiais do pavimento mediante a execución dun microaglomerado en frío, que proporciona adherencia e evita deslizamentos. No treito urbán, onde existen beirarrúas, rehabilitouse o firme, co correspondente fresado e extensión dunha nova capa de rodaxe.

A Xunta tamén colocou dispositivos redutores da velocidade, entre eles novos pasos sobreelevados, e bandas transversais de alerta como medidas dirixidas a reducir as velocidades excesivas que se rexistran nesta vía. Reforzouse ademais a sinalización horizontal e vertical.

BENITO GALCERÁN

No tocante á mellora integral da avenida Benito Galcerán, que comunica o núcleo de Celeiro e o barrio de Pénjamo co resto da cidade, o Concello modernizou as beirarrúas existentes, que eran de formigón e que pasan a contar con lousa de granito gris, con unidade de imaxe con outros espazos céntricos de Viveiro.

A obra incluíu a reposición da rede de saneamento, sumidoiros, e abastecemento de auga no tramo que arranca na oficina de turismo. A maiores, os traballos tamén consistiron na iluminación pública nesta zona.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o edil Suso Fernández e técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), comprobaron este luns o resultado do proxecto. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...