IniciosociedadeA Xunta anuncia que investirá 600.000 euros "este ano" en arranxar a...

A Xunta anuncia que investirá 600.000 euros “este ano” en arranxar a vía entre Fazouro e San Acisclo

O Goberno galego afirma que licitará e adxudicara a obra, que afectará a oito quilómetros da LU-151, "nos vindeiros meses"

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou que executará este ano a mellora da estrada LU-151 entre Fazouro e San Acisclo, no municipio de Foz, para a que destina un orzamento próximo aos 600.000 euros.

O proxecto suporá actuar en oito quilómetros, entre o final da travesía de Fazouro e San Acisclo. As obras implicarán acondicionar todo o treito mediante a execución dunha nova capa de rodaxe en mestura bituminosa en quente, da que carece actualmente a calzada, construída en rego con grava.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, afirmou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitará e adxudicará a actuación nos vindeiros meses, coa previsión de facer as obras “neste mesmo ano”.

ESTRADA “VERTEBRADORA”

Balseiro, que presentou o proxecto xunto a técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (Axi) e o alcalde de Foz, o popular Javier Castiñeira, asegurou que se trata dunha estrada “vertebradora, usada tanto para desprazamentos interiores neste municipio como para as comunicacións doutros concellos coa franxa costeira e mesmo co Hospital Público da Mariña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...