IniciosociedadeA banda deseñada e os videoxogos centrarán as alfombras florais de Burela

A banda deseñada e os videoxogos centrarán as alfombras florais de Burela

A comisión convida á veciñanza a suxerir ideas para mostrar "a historia e o progreso destas dúas disciplinas" nos tapices

Publicada o

- Advertisement -

A comisión das festas patronais de Burela anunciou este luns que a banda deseñada e mailos videoxogos serán os eixos centrais das alfombrais florais dos festexos no 2019.

A organización agarda representar nos tapices, que o pasado ano cumpriron cinco lustros, “moita variedade” para documentar “a historia e o progreso destas dúas disciplinas”.

A comisión convida a todos aqueles que o desexen a enviar propostas para a realización das alfombras ao correo electrónico comisiondefestasburela@gmail.com, co adxunto dunha imaxe daquel videoxogo ou personaxe de banda deseñada que non poda faltar na celebración.

FOTOS E TEXTOS PARA O LIBRO

Os organizadores das patronais tamén solicitan a colaboración da veciñanza para a elaboración do libro do 2019. Así, as persoas interesadas en participar poden achegar imaxes das festas patronais a través da dirección de e-mail mencionada con anterioridade.

Ademais, a comisión propón o envío de textos con vivencias sobre os festexos ou sobre a vila de Burela, cun máximo de 400 palabras, para incluír no libro conmemorativo.

a organización tamén convida á veciñanza a enviar escritos e imaxes das patronais para o libro conmemorativo

O prazo para enviar material remata o 15 de abril. A organización escollerá os mellores textos e as imaxes máis representativas para a elaboración do volume.

RECADACIÓN

A comisión iniciou neste mes de febreiro a recadación de donativos para financiar os festexos, que se celebrarán do 31 de maio ao 3 de xuño.

Polo de agora, adiantou as orquestras que animarán as noites da festa. Finisterre París de Noia actuarán o venres 31 de maio; Israel e Garibaldi, o sábado 1 de xuño; Ritmo Joven e Combo Dominicano, o domingo 2; finalmente, Trébol e Panorama amenizarán a noite do luns 3.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...