IniciosociedadeReclaman á Xunta que asuma "o cen por cen" dos danos causados...

Reclaman á Xunta que asuma “o cen por cen” dos danos causados por lobo e xabaril

O Sindicato Labrego Galego critica que o Goberno galego non quita axudas contra o impacto do porco bravo "desde 2016"

Publicada o

- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego (SLG) reclama á Xunta de Galicia que se faga cargo “do cen por cen dos danos” provocados polos ataques do xabaril e o lobo á gandería e agricultura.

A organización asegurou que os gandeiros están “desesperados” polos danos, mentres que a Xunta de Galicia “non quita axudas para cubrir os ataques do xabaril desde 2016”.

A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, anunciou que para o 11 de abril está convocada unha concentración para trasladar ao Goberno galego “propostas concretas” para reducir o impacto dos ataques da fauna salvaxe.

O SLG denuncia que o importe máximo das axudas fixado pola Xunta limítase a 1.600 euros, o que supón “deixar fóra un bo número de danos”, pois os custos dos ataques poden alcanzar os 20.000 euros.

No tocante ao ámbito sanitario, subliña que cando o lobo mata a un animal, “o gando enferma polo mal estado dos silos”.

RECOLLIDA DE CADÁVERES

Gandeiros demandaron na rolda de prensa do SLG que se autorice a deixar os animais mortos no monte para que sexan devorados, pois desde que os cadáveres se recollen, trala crise das vacas tolas, “os ataques multiplicáronse”.

PROTESTA DOS ALCALDES DO XISTRAL

Os alcaldes da serra do Xistral denunciaron no pasado mes de outubro a situación “límite” dos gandeiros.

Os rexedores de Abadín, O Valadouro, Ourol, Muras e Xermade mantiveron unha xuntanza coa conselleira do Medio Rural polas dificultades da gandería, na que a Xunta comprometeu axudas por 1,4 millóns polos danos da fauna salvaxe. Con todo, na práctica os gandeiros reiteran as dificultades burocráticas para acceder ás subvencións e a súa escasa contía

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...