IniciosociedadeEscriturados os terreos da residencia da Pontenova

Escriturados os terreos da residencia da Pontenova

O espazo, de 2.200 metros cadrados, xa está a disposición da Deputación de Lugo, que achegará 1,2 millóns para a construción do inmoble

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, e mailo vicepresidente da Deputación de Lugo, Argelio Fernández Queipo, asinaron este martes a escritura dos terreos -con máis de 2.200 metros cadrados- onde se situará a residencia de maiores para os veciños do municipio pontenovés.

Trátase dun espazo na contorna urbá, preto do río Eo e rodeado de zonas verdes, coñecido como a Chousa de Vilaoudriz.

A partir deste acordo, este espazo estará a disposición da Deputación para construír o centro de maiores.

O goberno provincial e mailo Concello asinaron un convenio de colaboración para a adquisición dos terreos e as obras de construción. O goberno local achegou á Deputación preto de 95.000 euros pola compra de parte deste espazo, posto que varias hectáreas foron directamente doadas polos que eran os seus propietarios.

PROXECTO

O presidente da Deputación e alcalde da Pontenova, Darío Campos, explicou que nos vindeiros días presentarase o proxecto e seguidamente licitaranse as obras para comezar a súa execución.

A Deputación ten comprometida unha partida inicial de 1,2 millóns de euros para as obras e o Concello outra de 200.000 euros.

PRAZAS E ACCESO

O centro ofrecerá unhas 50 prazas, 30 de residencia e 20 de centro de día. Terán preferencia de acceso os veciños da Pontenova. O prezo de cada unha delas será en función da capacidade económica dos usuarios para garantir o acceso universal ás mesmas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...