Alumnado do Ceip de Cervo coñece Lituania grazas ao programa Erasmus

Tres estudantes e dúas profesoras participan no último intercambio da iniciativa

Participantes no intercambio. AXM

Tres alumnos do Ceip de Cervo coñeceron esta semana Lituania grazas ao proxecto Erasmus KA 219Creating, Communicating, Our Diversity We Are Celebrating!‘.

Trátase do terceiro e último intercambio da iniciativa, que no pasado 30 de outubro trouxo á Mariña Lucense a alumnado de seis países europeos.

Candela Fernández, María García e Enzo Expósito (alumnos) e Rosana Otero e Esther Basanta (mestras) viaxaron ao país báltico, no que se quedaron con familias lituanas.

Os tres alumnos do Ceip Cervo que viaxaron a Lituania. AXM

A expedición cervense fixo unha visita a Kaunas, onde coñeceu o museo das marionetas, o museo do diaño, a casa do chocolate, o casco vello ou unha casa tradicional lituana de mediados do século pasado. Tamén aprendeu a bailar a danza tradicional do país.

Durante a semana, os alumnos estiveron inmersos nos ensaios da obra teatral que previamente escribiron todos os países. Ao longo dos talleres de plástica crearon atrezzo para a representación teatral e a mestra de teatro dirixiunos ata lograr un produto común que foi unha representación teatral moderna, dinámica e motivadora.

VÍNCULOS ENTRE PAÍSES

O proxecto Erasmus + KA219 ten como obxectivo coñecer a través da escritura creativa a cultura de cada país, mellorar o coñecemento doutros idiomas e facer fincapé nos vínculos que unen ás distintas nacións europeas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here