IniciosociedadeAs escolas vellas de Cervo reabrirán o domingo cunha exposición de 200...

As escolas vellas de Cervo reabrirán o domingo cunha exposición de 200 fotos da parroquia

Os asistentes á inauguración poderán comprobar o resultado da rehabilitación do edificio, construído no 1917

Publicada o

- Advertisement -

As escolas vellas de Cervo reabrirán este domingo, 7 de abril, coa inauguración dunha exposición de fotografías sobre a parroquia.

Concello, asociación cultural Airiños do Xunco e o mestre e investigador do pasado do municipio Francisco Piñeiro convidan á veciñanza a asistir á apertura de ‘Cervo na memoria‘, ás 19.00 horas.

Piñeiro, autor do volume ‘Crónica histórico-literaria da parroquia de Santa María de Cervo‘, presentado na conmemoración do centenario do grupo escolar, foi o encargado de compilar as imaxes da mostra.

O edificio centenario, cedido polo Concello a Airiños do Xunco para desenvolver a súa actividade cultural, e recentemente rehabilitado de xeito integral, albergará preto de 200 instantáneas antigas da parroquia de Cervo.

No acto, moderado polo profesor Fran Bouso, intervirán Rafael Blas, presidente de Airiños do Xunco, Piñeiro, o alcalde, Alfonso Villares, e Martín Fernández Vizoso, descendente da familia cervense emigrada a América que foi promotora das escolas, cuxo avó foi o padriño do acto de inauguración do edificio no 1917.

Os organizadores convidan a toda a veciñanza a participar neste acto que conecta pasado e presente, cuxo escenario é “un edificio singular que forma parte do noso patrimonio como pobo e que atesoura unha boa parte da nosa historia”.

Presentaron a exposición Villares, a edil de muller e igualdade, Pilar Armada, Blas e Piñeiro.

A este último agradeceu Villares “a súa implicación e dedicación absoluta en todo o que ten que ver co eido cultural en Cervo; un traballo impagable que comparte sempre xenerosamente con todos nós”.

REHABILITACIÓN DO EDIFICIO

As persoas asistentes ao acto tamén poderán ver o resultado da actuación de rehabilitación integral que se levou a cabo neste último ano nas escolas vellas, unha obra que o Concello executou cun investimento de 170.000 euros, que proceden do Plan Único da Deputación de Lugo.

A obra, que respectou a estrutura e os materiais orixinais do edificio, consistiu na substitución da estrutura de cuberta, instalando novos canlóns e baixantes para evitar filtracións de auga; ademais instaláronse novas portas e ventás de PVC, fíxose o saneamento exterior e interior para evitar humidades e mellorouse o illamento térmico e acústico.

Ademais, incorporáronse dous baños, un deles adaptado, xa que os servizos estaban no exterior do edificio. Tamén se actuou na parte externa do edificio para mellorar a accesibilidade, creando tamén unha zona axardinada.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...