IniciosociedadeUns 3.500 cofrades participarán na Semana Santa de Viveiro, que comeza o...

Uns 3.500 cofrades participarán na Semana Santa de Viveiro, que comeza o venres

O Venres Santo haberá unha procesión "extraordinaria" para conmemorar o 75 aniversario da Confraría do Santísimo Cristo da Piedade

Publicada o

- Advertisement -

Uns 3.500 cofrades sairán a rúa cos 35 pasos das 15 procesións de Semana Santa de Viveiro, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, que este mediodía foi presentada na delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Os actos comezarán este venres, día 12, coa procesión da Virxe das Dores, a partir das 21.30 horas. O pregón, a cargo do economista José Manuel González-Páramo, celebrarase o sábado no teatro Pastor Díaz, desde as 20.30 horas.

Segundo explicou a organización, nesta edición da Semana Santa de Viveiro celebrarase unha procesión “extraordinaria”, concretamente a da Paixón, o Venres Santo a partir das 22.00 horas. Servirá para conmemorar o 75 aniversario da Confraría do Santísimo Cristo da Piedade.

Esta procesión reunirá un paso titular de cada unha das oito confrarías e nela está prevista a participación de 1.500 cofrades.

A presentación en Lugo da festividade contou coa presencia do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; do presidente da xunta de confrarías, José Veiga, e da voceira deste colectivo, María Carmen López, entre outros representantes da organización.

Balseiro destacou “o labor entregado das confrarías”, que considera “definitivo” para o “éxito dun dos festexos relixiosos máis antigos de Galicia, que se vén celebrando sen interrupción desde o século XIII”.

O delegado territorial da Xunta remarcou que se trata “dunha das celebracións de Semana Santa máis fermosas de toda a comunidade e que destaca polo grande valor histórico e artístico das súas imaxes”.

ASPANANE, NA TAMBORRADA

Outra das novidades da Semana Santa viveirense é que os usuarios da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (Aspanane) participarán o luns, ás 21.00 horas, na popular tamborrada que percorrerá o casco histórico para confluír na Praza Maior.

Esta iniciativa parte da xunta de confrarías e da Acción Social de CaixaBank, e únese á reserva de zonas específicas para o público con mobilidade reducida.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, felicitou publicamente á organización porque “este tipo de iniciativas son as que realmente fan grande a nosa Semana Santa. O meu aplauso para a aquelas persoas que fixeron posible esta manifestación de respeto cara a diversidade e o meu apoio para este colectivo que vai brilar na tamborrada”, remarcou.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...