IniciosociedadeBarreiros urxe aos titulares de once edificios en esquelete a actuar en...

Barreiros urxe aos titulares de once edificios en esquelete a actuar en catro meses

O goberno local precisa que cinco dos propietarios, que deberán "acabar" ou "demoler" as estruturas, son bancos e entidades financieiras

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Concello de Barreiros informou de que, dacordo coas competencias que lle confire a Lei do Solo, remitiu aos propietarios e promotores dos edificios de vivendas incabadas no termo municipal as correspondentes solicitudes para que no prazo de catro meses actúen “sobre esas estruturas”, ben “para acabalas” ou “ben para que procedan á súa demolición“.

En total, precisa o goberno local, foron advertidos os titulares de once promocións de vivendas sen rematar no municipio, cinco das cales son propiedade de bancos e entidades financieiras. Son edificacións que están “en esquelete” en San Cosme de Barreiros, Moás, Remior e San Miguel e Santiago de Reinante.

“LOITA CONTRA O FEÍSMO”

O alcalde de Barreiros, o popular Alfonso Fuente Parga, absolto dun delito de prevaricación urbanística -no relativo á concesión de licenzas para construír case 3.000 vivendas durante o 2006 no municipio- por unha sentenza que a asociación ecoloxista Adega e a Fiscalía recorreron, asegura que quere “dar un paso máis na loita contra o feísmo“.

Fuente Parga insiste en atribuír este feito á “crise inmobiliaria é á situación de impás urbanístico que provocou a actuación do Goberno bipartito da Xunta de Galicia“, que pretendeu frear o bum urbanístico a través dun Decreto que tumbou o Tribunal Supremo por un defecto de forma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...