A Xunta de Galicia informou este luns de que licitará o martes no Portal de Contratos de Galicia a obra de rehabilitación do firme da estrada LU-151 que une o final da travesía de Fazouro coa localidade de San Acisclo, ambas no termo municipal de Foz.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda reserva para esta fin 591.000 euros. As obras consistirán na disposición dunha nova capa de rodadura nos treitos nos que sexa necesario, reperfilado e limpeza das marxes e colocación de barreiras de seguridade e repintado de todas as marcas varia. Tamén está previsto executar, naqueles puntos nos que a día de hoxe non existen, gabias de seguridade.
A previsión é a de actuar en oito quilómetros, isto é, na totalidade do percorrido da estrada de titularidade autonómica coa disposición de firme con mestura bituminosa en quente, do que actualmente carece, pois a vía está construída en rego con grava.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, lembrou que o Goberno galego actúa en resposta a unha demandada impulsada polo Concello de Foz e “liderada polo propio alcalde, Javier Castiñeira”.
PRAZO DE EXECUCIÓN DE CINCO MESES
A mellora da estrada LU-151 contempla un prazo de execución de cinco meses desde que teña lugar a formalización do contrato da obra. Segundo a Xunta, “beneficiará dun xeito moi directo á veciñanza das localidades enlazadas –principais usuarios da vía- pero tamén aos máis de 10.000 habitantes da zona”.