IniciosociedadeO derrubo dos galpóns do peirao vello de Viveiro comezará o luns,...

O derrubo dos galpóns do peirao vello de Viveiro comezará o luns, na semana das eleccións municipais

Este martes sinalizouse a contorna para advertir da necesidade de retirar os vehículos estacionados e evitar máis aparcamentos

Publicada o

- Advertisement -

Portos de Galicia, organismo dependente da Consellería do Mar, anunciou este martes que iniciou as tarefas previas para acometer o derrubo dos galpóns e acondicionamento da extensión do peirao vello de Viveiro.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, precisou que este martes sinalizouse a contorna para advertir da necesidade de retirar os vehículos alí estacionados e evitar máis aparcamentos.

Segundo expuxo o delegado territorial do Goberno galego, a partir do vindeiro luns a zona quedará valada e comezarán as obras co baleirado dos galpóns, nos que aínda quedan algúns andeis e outros elementos fixos.

EXTENSIÓN DE 2.500 METROS

Balseiro explicou que “nunha segunda fase” procederase á “retirada do fibrocemento das cubertas para posteriormente introducir a maquinaria necesaria para o derrubo dos inmobles e finalmente acondicionar o espazo“. As obras inclúen zonas de axardinamento, iluminación e conexión con servizos urbanos, nun espazo de 2.500 metrosContan cun orzamento de 124.600 euros e executaranse “nos próximos meses”, segundo a Xunta.

355 PRAZAS DE APARCAMENTO

O espazo resultante destinarase na súa totalidade a aparcadoiro público e gratuíto. A actuación permite crear máis de 100 prazas adicionais de aparcamento que se unirán ás existentes ata o momento. Deste xeito, a veciñanza de Viveiro e os visitantes disporán de 335 prazas no peirao antigo, ao carón do centro histórico da cidade.

ABRIR A CIDADE AO MAR, DEMANDA DURANTE 25 ANOS

O derrubo dos galpóns do antigo porto é unha vella demanda da sociedade viveirense, desde hai máis de 25 anos. Portos de Galicia demoleu seis no 2005, e outros catro en 2014. A actuación que se iniciará o luns, a uns días das eleccións municipais, suporá a conclusión do proxecto.

A tardanza en executar estas obras, que suporán a apertura de Viveiro ao mar e un impulso para o casco histórico, foi ao longo dos anos obxecto de críticas por parte do Concello e dos partidos da oposición viveirense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...