O BNG expresou este venres a súa “indignación” diante da decisión do PP de non apoiar no Parlamento galego unha proposición non de lei da formación frontista para modificar os criterios de valoración do concurso do servizo de transporte sanitario urxente terrestre, que elimina un Técnico de Emerxencias Sanitarias (TES) da ambulancia medicalizada da Mariña Lucense.
Os nacionalistas sinalan que o mesmo 28 de maio que se debateu a proposta no Parlamento, “a Comunidade de Madrid, nada sospeitosa para os nosos xestores, decide incrementar o número de ambulancias cun técnico adicional, e dicir, dous efectivos por vehículo para o transporte sanitario urxente, revertendo a decisión de hai anos de quedar cun só”.
“O Summa 112 incrementa os vehículos equipados con dotacion dobre de TES, mentres que o Sergas inicia a redución a un e escolle A Mariña Lucense para o experimento”, expón Francisco Javier Fanego, da agrupación local do partido frontista en Foz.
“SEN ARGUMENTOS TÉCNICOS”
A Xunta de Galicia, expón Fanego, “continúa unha xeira de desmantelamento da sanidade pública” que tamén percibe “desposuíndo de material básico ao centro de saúde de Foz, nun novo alarde de aforro sen cabeza”.
“Pode alguén do PP explicar cunha mínima coherencia e argumentos técnicos por qué unicamente A Mariña queda cun só TES? Imposible”, argumentan os nacionalistas, que asegurán que o Goberno galego “reconsiderará” a súa postura cando “os datos amosen que fora un erro de consecuencias tráxicas”.