IniciosociedadeLourenzá ofrece un campamento estival Súper Chef e Cervo e Burela actividades...

Lourenzá ofrece un campamento estival Súper Chef e Cervo e Burela actividades gratuítas para conciliar

O obradoiro de cociña, de pago, celebrarase no municipio laurentino entre xullo e agosto, mentres que os Concellos burelao e cervense ofrecen actividades de balde

Publicada o

- Advertisement -

Os Concellos de Lourenzá, Cervo ou Burela presentaron as súas programacións de actividades para axudar ás familias a conciliar durante os meses de xullo e agosto, cando as crianzas non teñen clase. 

Concello de Lourenzá e o Centro de Formación e Ocio Kativos organizan para os meses de xullo e agosto o Campamento Súper Chef. Está dirixido a crianzas de tres a doce anos, en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Os pequenos aprenderán a descubrir olores, sabores e texturas dos alimentos, así como a cociñar.

O concelleiro de cultura, Manuel Arango, explica que “nesta actividade preténdense contar coa colaboración do comercio local e de profesionais da hostalería. O Concello subvenciona o 50 por cento do prezo da actividade, sendo o custo final para as familias de 55 euros por neno e mes, cun desconto do 20 por cento a partir do segundo irmán”, indica.

o taller culinario, para crianzas de tres a doce anos, custa 55 euros por neno e mes cun desconto do 20% para o segundo irmán

Arango engade que “tal é como aparecía no programa electoral dos socialistas, preténdense poñer en marcha nesta lexislatura as escolas de verán e de Nadal. A intención é que estas actividades saian a concurso a partir do próximo ano para que todas as empresas que o desexen, legalmente constituídas, poidan presentar os seus proxectos”, conclúe.

Cartel do evento. AXM

CERVO

O Concello anunciou que porá en marcha unha nova edición do programa ‘Cervo Concilia‘ a partir do próximo 1 de xullo.

Este programa componse dun calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.

Cervo Concilia esténdese durante os meses de xullo e agosto de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.30 horas. O programa, de balde, está dirixido ás familias empadroadas no municipio.

as actividades educativas e lúdicas de ‘cervo concilia’ desenvolveranse de 9.00 a 14.30 horas, polo que deixarán marxe ás familias

As inscricións xa están a disposición das familias na casa da cultura de San Cibrao e no consistorio. O prazo para anotarse remata o 27 de xuño, cando terá lugar unha reunión informativa -ás 20.00 horas no auditorio- para perfilar os detalles da actividade. As prazas son limitadas.

A delegada de educación, Dolores García Caramés, sinalou que “seguimos apostando por este programa dado os grandes resultados obtidos na primeira edición, e cremos que é fundamental seguir a impulsar este tipo de políticas de conciliación laboral e familiar coas que se pretende contribuír a facer más fácil o día a día da nosa veciñanza”.

Actividade deportiva de ‘Cervo Concilia’. AXM

BURELA

O Concello de Burela, pola súa banda, organiza unha nova edición da Ocioteca de verán para as crianzas empadroadas no municipio e nadas entre os anos 2016 e 2007. As actividades celebraranse do 1 de xullo ao 30 de agosto.

As actividades levaranse a cabo no CEIP Vista Alegre de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.30 horas. Haberá un máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos. Haberá 25 prazas para nenos de tres a sete anos e outras 25 para pequenos de entre oito e doce anos.

os interesados en beneficiarse da ocioteca burelá deben entregar as solicitudes antes do día 17

A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade nos que ambos proxenitores sexan activos laboralmente e os fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero. En caso de quedar prazas vacantes, una vez iniciadas as actividades, completaranse os grupos seguindo a lista de inscrición.

As fichas de inscrición e demais documentación xustificativa entregaranse no Concello dos días 14 ao 17 de xuño. O 20 de xuño farase pública a lista de admitidos no consistorio e na súa páxina web.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...