IniciosociedadeFomento cede a Mondoñedo os treitos de San Vicente e Sasdónigas da...

Fomento cede a Mondoñedo os treitos de San Vicente e Sasdónigas da antiga N-634

O Concello asumirá dous tramos dun total de 1.547 metros, que ata agora tiñan a consideración de viario anexo á Rede de Estradas do Estado

Publicada o

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento cedeu ao Concello de Mondoñedo a titularidade de dous tramos da antiga estrada N-634 cunha lonxitude de 1.547 metros, que ata agora tiña a consideración de viario anexo á Rede de Estradas do Estado.

Segundo explicou Fomento nun comunicado, o executivo mindoniense solicitou ao Ministerio a transferencia da titularidade de de o tramo de San Vicente desde o quilómetro 596,742 da actual N-634, ata o 597,025, cunha lonxitude real de 367 metros da N-634a, e unha superficie estimada de 6.712 metros cadrados.

Ademais, pediu a cesión do tramo de Sasdónigas, desde o quilómetro 598,4 da N-634, ata o 599,588, cunha lonxitude real de 1.180 metros da N-634a e unha superficie estimada de 16.282 metros cadrados.

“Unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos legalmente establecidos, ao amparo das condicións establecidas no artigo 5 da Lei 37/2015 de Estradas, o Ministerio de Fomento considerou procedente acceder ao solicitado”, subliñou Fomento.

O cambio de titularidade, abundou o Ministerio, “non leva transferencia de capital algún” e non xera “obrigas económicas ou gasto para a Administración Xeral do Estado”, conclúe Fomento.

Reunión da alcaldesa, Elena Candia, e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez. AXM

“REDUCIÓN DA BUROCRACIA”

A rexedora, a popular Elena Candia, sinalou que “tralo remate fai uns meses das actuacións de asfaltado e repintado solicitadas ao Ministerio de Fomento, o Concello asinou agora as actas de cesión que permitirán a redución da burocracia á veciñanza. O executivo local será desde este luns o responsable de explotación e conservación da vía”, explicou.

MELLORAS NA N-634

Segundo expuxo a subdelegada do Goberno central en Lugo, Isabel Rodríguez, “nos últimos meses redactáronse proxectos para melloras do firme, marcas viarias e balizamento na N-634 e o proxecto de escorrentías da A-8 en Vedrós e O Carme“.

A-8

No tocante á Autovía do Cantábrico, con constantes peches no Alto do Fiouco a causa da néboa, o último entre a tarde do pasado domingo e este luns, afirmou que “tanto a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) como Fomento traballan nos proxectos que teñen por obxecto minimizar o impacto da brétema na A-8″.

No pasado mes de marzo, o ministro de Fomento, José Luis Ábalos, comprometera -en plena campaña electoral- para o mes de marzo a licitación para o mes de marzo do contrato dos prototipos antinéboa. Prevese ampliar a cinco quilómetros o treito con balizas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...