IniciosociedadeA reforma do albergue de Area rematará "no primeiro semestre de 2020"

A reforma do albergue de Area rematará “no primeiro semestre de 2020”

A Conselleira de Política Social anunciou este martes en Viveiro que se está a redactar o proxecto de substitución da cuberta na que se investirán 350.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia prevé culminar “no primeiro semestre de 2020” a reforma do albergue xuvenil de Area en Viveiro.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, fixou o prazo este martes, durante unha visita ás instalacións, que teñen pendente a mellora da cuberta.

García explicou que se “está a redactar un proxecto de substitución completa da cuberta e dos falsos teitos interiores na que se investirán 350.000 euros”.

INVESTIMENTO TOTAL DE 750.000 EUROS

A conselleira destacou que será “a obra de maior contía” que se acometerá na reforma do albergue, na que se investirá un total de 750.000 euros.

As actuacións comezaron o ano pasado con pequenas obras como a reposición de lousas de tellado e a adquisición de mobles de cociña. Ao longo deste exercicio, reparouse e pintouse a fachada exterior, cambiouse o chan da zona de monitores e subtituíuse o mobiliario das habitacións.

CAMPAMENTO

Durante estes días, as instalacións acollen un centenar de rapazas e rapaces que participan no campamento ‘Natureza: Ambiente Mariño e Náutica‘.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...