A organización da Festa Normanda de Foz presentou o pasado xoves a novena edición do evento, que se celebrará do 30 de agosto ao 1 de setembro.
Un desfile de roupa de época a cargo dos talleres Rosana & Pili e O Nabiño de Mondoñedo e unha churrascada na Praza Conde de Fontao serviron como aperitivo dos festexos.
LENDA
A asociación Desembarco Normando organiza esta celebración, baseada na lenda de que o pobo de Foz resistiu ataques viquingos ao Reino de Galicia grazas á milagre de San Gonzalo. As oracións do bispo fixeron que se levantara unha tempestade e a flota nórdica naufragase.
O desembarco da frota viquinga é así o momento central dos festexos, que se prolongarán durante tres días con actuacións musicais e actividades para grandes e pequenos.