Un desfile de roupa de época, aperitivo da Festa Normanda de Foz

A organización do evento, que cumprirá do 30 de agosto ao 1 de setembro a súa novena edición, presentou os festexos cunha exhibición de roupa e unha churrascada

San Gonzalo, no desfile da festa. AXM

A organización da Festa Normanda de Foz presentou o pasado xoves a novena edición do evento, que se celebrará do 30 de agosto ao 1 de setembro.

Un desfile de roupa de época a cargo dos talleres Rosana & Pili e O Nabiño de Mondoñedo e unha churrascada na Praza Conde de Fontao serviron como aperitivo dos festexos.

LENDA

A asociación Desembarco Normando organiza esta celebración, baseada na lenda de que o pobo de Foz resistiu ataques viquingos ao Reino de Galicia grazas á milagre de San Gonzalo. As oracións do bispo fixeron que se levantara unha tempestade e a flota nórdica naufragase.

O desembarco da frota viquinga é así o momento central dos festexos, que se prolongarán durante tres días con actuacións musicais e actividades para grandes e pequenos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here