Iniciados os traballos para eliminar a praga de vermes en Viveiro

A empresa contratada polo Concello busca a orixe da epidemia e aplicou tratamento sobre varios focos, na avenida Nicolás Cora Montenegro e a rúa do Chamorro

Praga de vermes en Viveiro. AXM

O Concello de Viveiro anunciou este luns que a empresa contratada para eliminar a praga de vermes que afecta desde a semana pasada á avenida Nicolás Cora Montenegro e á rúa do Chamorro.

A empresa, segundo precisou o goberno local, realizou “labores de inspección visual de todas as edificacións e zonas afectadas para tratar de localizar a orixe da praga e determinar as zonas nas que se debe actuar”.

Posteriormente, procedeuse á aplicación do tratamento correspondente para a eliminación dos gusanos, actuando sobre todo nos posibles focos. Segundo afirma o goberno local, “neste momento, é preciso esperar para ver o efecto e evolución deste tratamento e valorar os pasos a seguir”.

MEDIDAS DE CONTROL

O Concello busca asesoramento con outras administracións competentes na materia por se fose preciso realizar algún outro tipo de control a maiores do aplicado pola empresa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here