IniciosociedadeUn punto lila sensibilizará fronte ás agresións machistas na Maruxaina

Un punto lila sensibilizará fronte ás agresións machistas na Maruxaina

A multitudinaria celebración contará por primeira vez cun espazo informativo no que tamén se asesorará a posibles vítimas

Publicada o

- Advertisement -

A festa da Maruxaina, en San Cibrao, contará este ano cun Punto Lila.O espazo informativo, presente por primeira vez na multitudinaria celebración, pretende “sensibilizar e recordar á cidadanía que a igualdade e o respecto deben estar sempre garantidos”.

A iniciativa, que se visibilizará a través dos materiais da campaña Agresións Off da Secretaría Xeral de Igualdade, ofrecerá tamén atención e asesoramento ás mulleres que sufran agresións machistas, orientándoas para denunciar.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, explicou que se trata dun medida “preventiva” por canto se “advirte a todos de que as vítimas atoparán un apoio para actuar ante estas situacións”.

O punto lila, que será atendido por voluntarias, instalarase na Praza dos Campos e, en principio, manterase aberto en horario de mañá.

VILLARES CHAMA A RECOLLER O LIXO

O rexedor tamén fixo un chamamento “ao civismo” da veciñanza e dos visitantes que desfrutarán dos dous días de festa na localidade.

Villares lembrou a necesidade de “recoller o lixo” e “empregar os colectores” para deixar os espazos públicos limpos e en bo estado, especialmente a praia do Torno, epicentro dos festexos.

RESTRICIÓNS NO TRÁFICO

Como vén sucedendo nos últimos anos, a celebración da Maruxaina suporá modificacións e restricións na circulación en San CibraoA partir do xoves ás 23.30 horas, estará prohibido o estacionamento na Avenida da Mariña, nas rúas do Torno Beiramar e no aparcadoiro situado fronte á casa do Mar.

A esa hora cortaranse ao tráfico as rúas dos Campos e do Torno. O venres, desde ás 14:00 horas, pecharase á circulación a Avenida da Mariña, desde a glorieta de Abanca ata Correos.

SOLICITUDE DE PERMISOS

As persoas residentes ou con prazas de garaxe nestas zonas deben solicitar un pase, que poden solicitar na casa da cultura de 9.00 a 15.00 horas ata xoves, para circular polas rúas afectadas.

O Concello explica que as restricións garanten que os vehículos de emerxencias poidan acceder e intervir con facilidade en caso de seren requeridos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...