A Deputación de Lugo celebrará o vindeiro martes 20 de agosto o pleno extraordinario sobre a rede de centros de atención a maiores solicitado polo Partido Popular o pasado venres.
Ao anunciar a data da convocatoria, o presidente, José Tomé, remarcou a “axilidade, rigor, transparencia e respecto institucional” coa que o executivo provincial respondeu á petición do PP, ao que acusa de “intentar manipular” e “xerar incerteza” entre os concellos e a veciñanza.
A voceira da formación conservadora, Elena Candia, acusara ao novo goberno provincial de “desentenderse” das residencias. O propio delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, asegurou que “probablemente Ourol quedará sen residencia” de renunciar o executivo provincial á súa xestión.
A DEPUTACIÓN “CUMPRIRÁ OS COMPROMISOS ADQUIRIDOS”
Neste senso, o socialista reiterou que “o executivo garante o cumprimento de todos e cada un dos compromisos adquiridos cos concellos en materia de construción e posta en marcha de residencias”, reafirmando que “non se formalizará ningún novo“.
Tomé engadiu que “a través do diálogo e a colaboración institucional, intentarase que a Xunta de Galicia se faga cargo desta competencia”.
Así, o novo goberno provincial asegurou que cumprirán cos convenios asinados para as obras das residencias de Ourol e A Pontenova. Podes ler a noticia completa en Lugo Xornal.