IniciosociedadeFeira de Stocks de Viveiro: "hai quen ven sen intención de mercar...

Feira de Stocks de Viveiro: “hai quen ven sen intención de mercar e sae cos nenos equipados para o cole”

O comercio local vende artigos de primeiras marcas con descontos de ata o 70% nas carpas instaladas nos xardíns Noriega Varela

Publicada o

- Advertisement -

Rematada a Feira de Artesanía, nos xardíns Noriega Varela de Viveiro segue a actividade comercial coa Feria de Stocks, organizada polo Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV), en colaboración co Concello.

Os expositores manteranse abertos ata o xoves 22 de agosto. Dolores Pérez, presidenta do CCHV, cóntanos como se presentan estes días para os comerciantes.

P. Que tipo de productos se poden atopar na feira?

R. Somos catorce tendas, de distintos sectores, polo que temos unha oferta moi variada. Desde roupa e calzado ata xoias, mobles ou mesmo tuppers.

Quizais o denominador común é a calidade dos produtos. Son artigos de primeira calidade. En Viveiro temos maioritariamente tendas multimarca, e a feira non deixa de ser unha representación dese comercio local.

Catorce expositores; os habituais nos últimos anos?

Si, sempre rondamos esa cifra e a maioría de nos repetimos. A feira é unha oportunidade pero tamén supón un traballo importante. Ademais de desprazar os artigos que vendemos, as nosas tendas habituais seguen abertas. É como ter dous locais en funcionamento durante estes días.

TURISTAS E CLIENTES DE TODA A VIDA

Elixides sempre as mesmas datas para organizar a Feira?

Si, facemola os días antes do Naseiro. Xusto despois de rematar a Feira de Artesanía. Temos que agradecer a colaboración do Concello, que pon á nosa disposición os expositores instalados nos xardíns Noriega Varela.

Son unhas datas moi boas. Viveiro está a tope de xente.  Creo que é unha das claves do éxito da feira.

Hai moitos turistas entre a clientela da Feira?

Si, hai moitos turistas.  Algúns simplemente pasan por aquí e atópannos a pé de rúa; tamén hai moita xente que veranea na zona que xa sabe da Feira e que nos pregunta nas tendas cando a facemos para achegarse a ver que ofrecemos.

Tamén temos moitos clientes de toda a vida esperando polas gangas que poden atopar.

REBAIXAS ATA O 70%

Ata onde poden chegar as rebaixas?

Cada tenda decide as ofertas que fai. Non todos os artigos teñen o mesmo desconto, pero a rebaixa no prezo pode chegar ata o 70 por cento. Como diciamos, en artigos de primeira calidade. Son auténticas gangas.

Hai persoas que pasan sen intencion de mercar e que acaban saíndo con dous pares de deportivas ou cos nenos case equipados para o colexio.

O primeiro día é o mellor?

No día da apertura sempre ven moita xente porque ao principio sempre hai máis onde elixir pero en xeral a afluencia é alta durante os tres días. Só pedimos que nos acompañe o tempo, como parece que será.

BOAS SENSACIÓNS SOBRE O VERÁN

Como foi o verán para o comercio local viveirense?

Aínda non tivemos tempo para reunirnos e facer balance. Non temos datos concretos pero parece que o balance será bo. Viveiro está moi consolidado turísticamente. Vese moita xente pola rúa e iso sempre favorece ao comercio.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...