IniciosociedadeOs campamentos urbáns de conciliación, salvavidas de ducias de familias

Os campamentos urbáns de conciliación, salvavidas de ducias de familias

As escolas estivais, o recurso para compaxinar fillos e traballo durante o verán, cubren todas as prazas ofertadas

Publicada o

- Advertisement -

Os programas de conciliación estival organizados polos Concellos supoñen unha táboa de salvación para os pais e nais durante os meses que dura o verán, dadas as dificultades dos traballadores para compaxinar as súas obrigas laborais co coidado dos pequenos.

Esta circunstancia nótase na demanda deste tipo de escolas ou campamentos estivais: a maioría dos municipios cubren todos os postos ofertados, mesmo con idades cada vez máis tardías, que abranguen desde os tres aos doce anos. A oferta de actividades é cada vez maior e máis coidada, con todo tipo de iniciativas educativas e de ocio.

VIVEIRO

En Viveiro cubriron as 120 prazas do seu campamento urbán estival, cunha solicitude de matrícula por riba do límite, polo que non haberá listas de agarda. A actividade durará íntegros os meses de xullo e agosto, e o Concello reservou cinco postos para nenos e nenas con discapacidade igual ou superior ao 33%.

XOVE

O Xove Concilia Verán, que comezou o pasado 25 de xuño e prolongarase ata o 7 de setembro, contará cunha matrícula de 58 nenos. Cinco monitores da empresa Lucusneda ocuparanse da oferta de ocio e educativa dos pequenos.

CERVO

Cervo contabilizan 30 nenos anotados no Cervo Concilia, aos que hai que engadir 120 inscritos aos Enredos de Verán, que ofrecen todo tipo de actividades acuáticas e ao aire libre, e outros 80 que participarán no programa de repaso ao estudo polas parroquias.

BURELA

Ocioteca de Burela ofreceu 50 prazas, 25 para crianzas de tres a sete anos e outras tantas para nenos de entre oito e doce. 

FOZ

Foz impulsou o programa Aberto Por Vacacións, que esgotou as 120 prazas que ofreceu o goberno local para o mes de xullo, e tamén as 120 ofertadas para agosto.

TRABADA

O Concello de Trabada tamén dispuxo un campamento de verán, con 25 prazas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...