IniciosociedadeO PP de Viveiro reclámalle ao Concello a limpeza e reparación das...

O PP de Viveiro reclámalle ao Concello a limpeza e reparación das pontes do río Fontecova

Os conservadores argumentan que estas actuacións "preventivas ante posibles riadas" competen ao goberno municipal

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Viveiro esíxelle ao goberno local a “limpeza” do río Fontecova e mais a “reparación” da estrada municipal que transcorre pegada á canle fluvial, que se desbordou e anegou o barrio de Xunqueira o pasado mes de novembro.

Os conservadores denuncian que o cauce “se atopa obstruído en varios puntos debido á caída de materiais das pontes e á súa falta de mantemento” e responsabilizan ao Concello xa que, segundo explican, “as actuacións ordinarias de mantemento e limpeza das canles fluviais en zonas urbanas deben ser exectuadas polas entidades locais”. Neste senso, reclaman a intervención de medios municipais como “medida de prevención ante posibles riadas”.

MELLORAS NA ESTRADA A CARREIRA

Do mesmo xeito, argumentan que as melloras na estrada que vai a Carreira, “en moi malas condicións de seguridade”, competen ao concello. Así, demandan o “marcado lateral” da vía e a “reparación das pontes que dan acceso a fincas e vivendas”. Segundo din, os propietarios vense obrigados agora a percorrer “varios quilómetros” para chegar ás terras.

O CONCELLO PEDIU UNHA REUNIÓN CON NÚÑEZ FEIJÓO

O grupo municipal popular informou da presentación dun rogo ao concello con estas peticións despois de que o pasado martes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, solicitase unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para atopar unha solución aos desperfectos causados pola riada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...