IniciosociedadeUn monólogo de Álex Clavero e a Panorama, reclamos das San Lucas...

Un monólogo de Álex Clavero e a Panorama, reclamos das San Lucas na súa 863 edición

O colaborador de 'El Hormiguero' ofrecerá un espectáculo humorístico o día 20 e a orquestra abrirá os festexos o xoves 17

Publicada o

- Advertisement -

Un monólogo de Álex Clavero ou a actuación da Panorama son dous dos reclamos das feiras e festas máis antigas de Galicia, As San Lucas, que se celebrarán en Mondoñedo entre o 17 e o 20 de outubro.

A comisión organizadora dos festexos e a alcaldesa, a popular Elena Candia, presentaron na Praza da Catedral o cartel anunciador do evento, obra do Fillo Predilecto de Mondoñedo Xosé Vizoso. Trátase dunha “nova obra de arte do mestre”, expón o presidente do colectivo organizador Miguel Souto.

O CARTEL, UNHA “NOVA OBRA MESTRA” DE VIZOSO

Souto asegura que a ilustración do artista mindoniense “representa de xeito maxestoso e persoal non só a esencia das San Lucas, senón tamén o programa desta edición, que daremos a coñecer nas vindeiras presentacións”.

Con todo, a organización si adiantou algunhas das actuacións que os asistentes poderán desfrutar no evento, que o 17 de outubro abrirá un ano máis -neste 2019 cúmprense 863- a baixada dos cabalos desde os montes da contorna ata o campo da feira, pasando pola praza na que se presentou o cartel.

Souto, que fixo fincapé na intención da comisión de “internacionalizar” as San Lucas, asegura que estas feiras e festas achegan un ano máis “valor histórico, cultural e literario” á cidade, a través dun amplo programa “que engloba, ademais da tradicional feira de gando cabalar o día 18, actividades culturais, literarias, xunto a música e diversión”.

AS ENTRADAS PARA O MONÓLOGO, Á VENTA

O presidente da comisión adiantou que o programa que desenvolve a asociación, coa colaboración de veciños e veciñas e das administracións públicas, inclúe o monólogo de Álex Clavero, colaborador en Rock FM e ‘El Hormiguero‘.

Segundo expón a comisión, traerá a Mondoñedo “un espectáculo de risas e recordos, no que mostra o moito que cambiou o mundo en tan pouco tempo” e que terá lugar o domingo 20 de outubro, ás 18.30 horas no auditorio Pascual Veiga. Xa están as entradas á venda na plataforma Woutick, a un prezo de 10,90 euros.

Un ano máis, as verbenas estarán amenizadas “coas mellores orquestras”. Segundo expuxo a comisión, Panorama e Beatriz actuarán o día 17; Palladium e Olympus, o 18; o 19 será a quenda de Aramio e Claxxon e o 20 tocarán La Oca Band e Los Satélites.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...