IniciosociedadeO BNG ve "insuficiente" o arranxo na vía Landrove-Ferreira e reclama beiravías...

O BNG ve “insuficiente” o arranxo na vía Landrove-Ferreira e reclama beiravías e a ampliación do trazado

Os nacionalistas cren que as actuacións que se están a realizar na estrada son "provisionais" e piden "un proxecto de mellora" que permita conectar Viveiro e A Mariña central

Publicada o

- Advertisement -

A deputada parlamentaria do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Olalla Rodil asegurou este sábado que as obras que está a realizar a Xunta de Galicia na estrada LU-161, que conecta Viveiro e Ferreira do Valadouro, son “totalmente insuficientes”, polo que a formación esixirá ao Goberno galego “un proxecto de ampliación e mellora” con “mais investimento”.

A representante nacionalista na Cámara galega visitou as obras de reforzo do firme desta vía, que está a acometer nestes días a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), acompañada da concelleira do BNG na corporación municipal de Viveiro, Míriam Bermúdez, e doutros membros da formación.

Rodil, que no 2018 levou ao parlamento galego a demanda de medidas urxentes para o acondicionamento da estrada, cre que as actuacións que se está a realizar “unha actuación básica que serve como medida provisional para minimizar a perigosidade e o risco, pero é totalmente insuficiente” nunha vía “abandonada durante máis dunha década” malia que é “unha das principais conexións entre Viveiro e A Mariña central”.

CASE 60 CURVAS EN SEIS QUILÓMETROS

Bermúdez nega a posibilidade de que a estrada sirva para este propósito “cando non conta nin con beiravías en ningunha das súas marxes, nin con gabias pavimentadas na maior parte do seu traxecto, pero si con fondas e perigosas zanxas nas cales acaban caendo con frecuencia algúns vehículos, como tamén conta cunhas 55 curvas en tan só seis quilómetros que corresponden no municipio de Viveiro”.

Rodil expón que o partido nacionalista esixirá que se desenvolva “un proxecto de trazado de ampliación e mellora da estrada LU-161 que contemple, entre outros, a ampliación da calzada para dotala de beiravías, a rectificación das curvas máis perigosas, instalación de estruturas protectoras nos pasos salvacunetas, actuacións no drenaxe da plataforma vial prevendo o seu tendido e o revestimento das gabias de seguridade”.

UNHA DÉCADA DE RECLAMACIÓNS

A mellora desta estrada, que conecta A Mariña Occidental e A Mariña Central, é unha vella demanda, de arredor dunha década. O BNG levou ao Parlamento as deficiencias da vía e os alcaldes socialistas do Valadouro, Edmundo Maseda, e Viveiro, María Loureiroreclamaron de forma conxunta o seu arranxo. Segundo o Goberno galego, as actuacións estarán listas a finais deste mes de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...