IniciosociedadeMar aproba axudas de ata 3.000 euros para as familias dos mariñeiros...

Mar aproba axudas de ata 3.000 euros para as familias dos mariñeiros falecidos en accidente laboral

A Xunta contempla subvencións de 1.000 euros por cada un dos fillos menores de 21 anos e dá a consideración de falecidas ás persoas que sigan desaparecidas dez días despois

Publicada o

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a orde que dará cobertura ás familias dos mariñeiros e profesionais do mar falecidos durante o exercicio da súa actividade e que habilita axudas coas que cubrir as “necesidades máis inmediatas” dos familiares tras o falecemento.

Segundo informou a Xunta, as achegas pretenden “facer fronte” as consecuencias duns accidentes que “adoitan traer consigo situacións de desamparo económico temporal e puntual das familias dos tripulantes falecidos ou desaparecidos”, dado que esta perda “adoita ir aparellada á falta de ingresos económicos xerados pola actividade cesante”.

Para mitigar esa situación, a orde establece axudas de 3.000 euros para a viúva ou parella de feito da persoa falecida e de 1.000 euros para cada un dos seus fillos menores de 21 anos, á vez que dá a consideración de falecidas a aquelas persoas que sigan desaparecidas transcorridos dez días desde a data na que se produciu o sinistro.

A orde, que entrará en vigor este mércores, inclúe como profesionais do mar os tripulantes galegos de calquera tipo de embarcación pesqueira debidamente enrolados nela e calquera que sexa o seu pavillón, os tripulantes non galegos que coticen no Réxime Especial do Mar da Seguridade Social nun buque pesqueiro con porto base en Galicia, os mariscadores e os traballadores de viveiros flotantes radicados en augas galegas.

ESTE MÉRCORES ÁBRESE O PRAZO DE SOLICITUDES

Para esta convocatoria o prazo de presentación das solicitudes comeza este mércores e remata o 15 de decembro de 2019, referíndose aos falecementos ocorridos desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 30 de novembro de 2019 pois as axudas a percibir con motivo de falecementos a partir do 1 de decembro de 2019 tramitaranse ao abeiro da orde de axudas do ano 2020.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...