IniciosociedadeFoz reclamará á Xunta que restitúa o técnico suprimido na ambulancia medicalizada...

Foz reclamará á Xunta que restitúa o técnico suprimido na ambulancia medicalizada da Mariña

O Pleno aproba unha moción para esixir ao Goberno galego que dea marcha atrás no recorte, "sen xustificación técnica e por motivos económicos"

Publicada o

- Advertisement -

O Pleno de Foz aprobou por maioría unha proposta das concellerías de xuventude e sanidade para esixir á Xunta de Galicia que dea marcha atrás no procedemento de contratación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre, que contempla o recorte dun Técnico de Emerxencias Sanitarias (TES) na ambulada medicalizada da Mariña Lucense, ubicada no municipio focego.

A iniciativa insta ao Goberno galego a modificar as prescricións técnicas do mesmo, de xeito que a ambulancia da Mariña conte con dous TES, “a mesma dotación de persoal que as do resto de Galicia de da área do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)”, así como para que o mínimo de profesionais esixidos no presente contrato “non sexa nunca inferior” a ese número.

530 EMERXENCIAS DOCUMENTADAS NO 2018

O pasado mes de abril, a Consellería de Sanidade decidiu recortar a dotación completadous TES, un médico e un enfermeiro– que atendía á poboación da Mariña. Fíxoo, segundo lembra o tenente de alcalde focego, o nacionalista Francisco Javier Fanego, “de xeito unilateral e coa oposición dos traballadores do servizo”.

Fanego asegura que “sen a dotación de catro profesionais” sería “imposible atender” as 530 emerxencias documentadas ao longo do 2018. O goberno de Foz sinala que “o 65,7% dos servizos prestados pola ambulancia medicalizada da Mariña foron nese ano primarios”, o que choca coa intención da Xunta de destinar este servizo “principalmente a traslados entre hospitais”

O edil nacionalista remarca que a perda dun TES “conleva unha limitación grave na súa capacidade de resposta ante as emerxencias para as que sexa demandada a súa asistencia, e que a decisión da Xunta “carece de xustificación técnica, pois tómase por motivos económicos“. 

O PRIMEIRO RECORTE NO SERVIZO, NO 2011

O edil nacionalista salienta que o Executivo autonómico do Partido Popular (PP) “amosouse contrario a restaurar os servizos de transporte sanitario recortados na base de Foz por volta do 2011“, cando a ambulancia medicalizada pasou a ofrecer un servizo de doce horas e xa non de 24, e agora “dá un novo paso” na “discriminación” da Mariña Lucense, dado que Foz e Monforte -que incorporou este recurso- serán as excepcións no mapa galego, pois as restantes Unidades de Vixilancia Intensiva (UVI) móbiles de Galicia si contarán coa dotación completa de dous TES, o que supón “unha clara desvantaxe asistencial”.

REXEITAMENTO SOCIAL

O recorte na ambulancia medicalizada da Mariña Lucense desatou o rexeitamento social. Campañas de recollida de sinaturas que alcanzaron preto de 2.600 apoios, concentracións ou vídeos nos que traballadores e pacientes resaltan a importancia da dotación completa do servizo serviron para reivindicar que non se quite persoal da UVI móbil da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...