IniciosociedadeUn festival intercéltico con Lúnasa ou Xabier Díaz, a gran novidade das...

Un festival intercéltico con Lúnasa ou Xabier Díaz, a gran novidade das San Lucas

Representantes de Galicia, Asturias, Bretaña e Irlanda actuarán nun encontro que dará á feira, que cumprirá 863 anos do 17 ao 20 de outubro, un carácter internacional

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Uns 400 cabalos, pertencentes a tres manadas, percorrerán o próximo 17 de outubro as rúas do casco histórico de Mondoñedo ata a Praza da Catedral, de acordo coa tradición das San Lucas, a feira que con 863 anos de vida é a máis antiga de Galicia “e unha das que conta con maior tradición de toda Europa“. Un festival intercéltico no que actuarán o grupo irlandés Lúnasa ou Xabier Díaz, entre outros, será a gran novidade do programa.

Así o explicou o presidente da asociación que se ocupa de organizar As San Lucas, Miguel Souto, que estivo acompañado pola alcaldesa, Elena Candia; a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro; e a voceira socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, así como a deputada de Medio Rural Mónica Freire Rancaño.

Durante a presentación das feiras e festas das San Lucas, que este ano se celebrarán entre os días 17 e 20 de outubro, Souto recordou que estas festas teñen a súa “epicentro” no propio sector gandeiro, dado que naceron no ano 1.156, cando “Alfonso VII lle concedeu a Mondoñedo o título de cidade” e, consecuentemente, a posibilidade de organizar a súa propia feira, entón centrada na venda de gando e produtos da terra.

“Trátase de rescatar e de incentivar a orixe das San Lucas como feira, unha das de maior tradición de Europa”, engadiu, e da cal os mindonienses séntense “moi orgullosos“.

Candia, Souto, Rego, García Porto e Freire Rancaño, na presentación. AXM

400 CABALOS BAIXARÁN DO MONTE AO CENTRO HISTÓRICO

“Esperamos que todos os galegos a sintan como súa e a gocen”, insistiu o presidente deste colectivo, quen destacou entre os actos previstos esa chegada dos cabalos de “pura raza galega“, que “durante todo o ano están pastando en liberdade“, ao centro histórico de Mondoñedo.

Recordou que “pasan pola Praza da Catedral -por diante dun templo Patrimonio da Humanidade-“, nun “momento fantástico e moi singular, porque aí é tamén onde empeza As San Lucas”, como “unha homenaxe a todos eses gandeiros que contribúen a manter o noso ecosistema agrario”.

MANUEL LOURENZO SERÁ O PREGOEIRO

Ademais dunha selección das “mellores orquestas” da comunidade, o programa deste ano tamén contempla, como “novidade importante”, a celebración dun “festival intercéltico”, o sábado 19, con representantes de Bretaña, Irlanda, Asturias e Galicia. No encontro actuarán Xabier Díaz, os bretóns Gwendal, os irlandeses Lúnasa e o gaiteiro asturiano Bras Rodrigo.

Tamén haberá un espectáculo de doma nocturna e unha mostra de maquinaria agrícola clásica. O pregón correrá a cargo nesta edición do actor e director Manuel Lourenzo, do municipio veciño do Valadouro.

AS FEIRAS E FESTAS MOSTRAN “A NOSA ESENCIA COMO POBO”

Pola súa banda, Ferreiro considerou que “dende a área de cultura, patrimonio e normalización lingüística cremos que é obriga das administración apoiar estas festas tradicionais, que mostran a nosa esencia como pobo“. A Deputación achega 20.000 euros aos festexos.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...