A extensión ao pé de Correos será aparcadoiro durante o Resurrection

O Concello axilizou a xestión co Instituto Nacional da Seguridade Social, titular do espazo

Extensión do INSS. GOOGLE MAPS

A extensión do Instituto Nacional da Seguridade Social en Viveiro situada na Avenida Ramón Canosa, próxima a Correos, funcionará como párking durante a celebración do Resurrection Fest, despois de que o Concello realizase as xestións oportunas coa administración.

O goberno local solicitou ao INSS a posibilidade de utilizar o espazo como aparcadoiro durante o verán, unha petición que por agora non tivo resposta, pero a administración si accedeu a prestar a extensión ata o domingo, o que aliviará os problemas de estacionamento nunha fin de semana na que o Resurrection congrega en Viveiro a 85.000 persoas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here