InicioM.ambiente e PatrimonioO Goberno central cita ao Concello de Barreiros para abordar o problema...

O Goberno central cita ao Concello de Barreiros para abordar o problema da depuración de augas residuais

O Ministerio para a Transición Ecolóxica recibirá o día 24 á tenente de alcalde e maila rexedora, que espera "implicación" do Executivo para a construción da depuradora de San Miguel

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central citou o vindeiro 24 de outubro ao executivo municipal de Barreiros logo de que o Concello solicitase unha xuntanza para abordar o problema da depuración de augas residuais e tratar de obter colaboración do Executivo estatal para a construción dunha depuradora en San Miguel de Reinante

A rexedora, a nacionalista Ana Ermida, e maila segunda tenente da alcalde, a socialista Carmen Veiga, desprazaranse á sé do Ministerio para a Transición Ecolóxica, onde serán recibidas polo director xeral de auga, Manuel Menéndez Prieto, ao que lle trasladarán a incidencia do mal funcionamento dos sistemas de depuración na costa de Barreiros, nomeadamente na praia de Arealonga.

Presentaranlle tamén o proxecto elaborado por Augas de Galicia para a construción dunha nova depuradora en San Miguel, que solucionaría os problemas de vertidos nas parroquias de San Miguel e Reinante e que está orzamentado en algo máis de 3,3 millóns de euros.

PROBLEMA MEDIOAMBIENTAL

A alcaldesa valora a resposta obtida do Ministerio, “pois o feito de poder amosarlles de primeira man a problemática e presentar o proxecto que lle daría solución supón un avance para lograr a implicación das distintas administracións”. Amósase tamén esperanzada en lograr a implicación do Goberno central, “xa que os efectos na zona de costas e en zonas de alto interese ambiental son notables e é preciso buscarlles unha solución no menor prazo posible”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...